ftaleína
ftaleína
(
s
f
[QUÍM]
Cada un dos compostos resultantes da reacción de condensación do anhídrido ftálico con fenois. A substancia nai do grupo é a fenolftaleína, que se obtén ao condensar o anhídrido ftálico con fenol en presenza de deshidratantes; é incolora, pero en presenza de álcalis vólvese rosada. As ftaleínas empréganse como colorantes e medidores de pH.