FUE
Organización creada en xaneiro de 1927 en Madrid, que reuniu a maioría dos estudiantes de España ata finais de 1939, e que tiña como un dos seus obxectivos organizar profesionalmente os estudiantes. O seu fundador e presidente, na súa primeria etapa, foi Antoni M. Sbert i Massanet. O motivo da súa creación foi a oposición de privilexios nas universidades confesionais (1928-1929). Posteriormente, uniuse á axitación republicana de 1930 a 1931 (acontecementos da facultade de Medicina de San Carlos de Madrid, marzo de 1931). Organizada federativamente, entre 1931 e 1939 foi a a máis importante das asociacións estudiantís españolas. En Galicia constituíse nos primeiros días de 1930 nas facultades de Medicina e Dereito, e, progresivamente, ampliouse a outras facultades. Desenvolveu, entre diversas actividades, un constante labor de concienciación a prol dunha nova vida universitaria no contexto republicano e co horizonte da autonomización política de Galicia. Ricardo Carballo Calero, Gómez Naveira, Sánchez Tella, Otero Valcárcel, Fernández del Riego, Poza Juncal e Romero López foron algúns dos máis destacados fuístas na Universidade de Santiago de Compostela, nuns momentos de forte dinamismo político e de apertura de horizontes para Galicia.