Fulvia, gens
Fulvia, gens
Familia romana de orixe plebea que contou entre os seus membros con numerosos cónsules e maxistrados da República. Quinto Fulvio Flaco (s III a C) defendeu Roma contra Aníbal, ocupou Capua e defendeu a concesión do dereito civil aos itálicos. Marco Fulvio Nobilior (s II a C) foi pretor (193 a C) e procónsul (190 a C) na Hispania Ulterior. O seu irmán Quinto Fulvio Nobilior foi cónsul en Hispania (153 a C) e enfrontouse cunha rebelión de lusitanos e celtíberos na Segunda Guerra Celtibérica. A esta mesma familia pertenceu Fulvia (s I a C), muller de Marco Antonio.