Fu-Nan

Fu-Nan

Antigo reino khmer que se estendeu polos actuais Vietnam do S e Camboxa, nas rexións de Tonle Sap e ao S do Mekong. Fundado no s I, foi invadido polo Reino de Chenla no s V, pero recobrou a súa independencia cara ao 665. A comezos do s IX pasou a formar parte do novo estado khmer, que reunificou o territorio. Sufriu unha forte influencia do hinduísmo e o sánscrito foi a súa lingua oficial.

Palabras veciñas

ftanita | Ftiótide | fu* | Fu-Nan | Fuad Paxá | fucáceo -a | fucal