fundación

fundación

(< lat fundatĭōne)

  1. s f

    Acción de fundar.

  2. s f

    Establecemento ou institución de carácter benéfico, piadoso ou cultural, que se funda e se mantén con bens dun particular.

  3. s f [DER]
    1. Organización constituída sen finalidade lucrativa que, por vontade dos seus creadores, os fundadores, teñen afectado de modo duradeiro o seus patrimonio á realización de obxectivos de interese xeral. Ten personalidade xurídica propia. En España está regulamentada pola Lei de Fundacións de 24 de novemmbro de 1994. Poden constituír fundacións persoas físicas e xurídicas, tanto públicas como privadas. Réxense pola vontade do fundador e polos estatutos que forman parte do documento constitutivo da fundación. O padroado é o seu órgano de goberno e de representación, entre as súas funcións, atópanse cumprir os fins fundacionais e administrar os bens e dereitos que integran o seu patrimonio. Extínguense cando expira o prazo para o que se constituíron, ao realizar integramente o seu fin fundacional, en caso de imposibilidade da realización do seu fin, ao fusionarse con outra fundación, ao concorrer calquera causa prevista no acto constitutivo ou nos estatutos, ou cando concorra outra causa establecida pola lei.

    2. Patrimonio deixado a unha persoa moral eclesiástica a cambio de celebrar misas ou outras funcións eclesiásticas cos seus intereses.