funeral

funeral

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á morte ou que a evoca.

    Sinónimos: fúnebre.
  2. s m [RELIX]

    Conxunto de ritos e pregarias que a Igrexa practica con motivo da morte dun fiel, dende o momento da expiración ata o instante en que o cadáver se coloca no sepulcro. Este conxunto ritual recibe tamén o nome máis culto de exequias e o máis popular de enterro, xa que na linguaxe corrente o termo máis funeral só se aplica á misa exequial, tanto se acompaña o enterro como se se celebra con posterioridade. A Igrexa primitiva aceptou prácticas funerarias da época, purificándoas de todo resto idolátrico ou de superstición, e dándolles unha significación cristiá: o aseo fúnebre, os banquetes funerarios, que, con probabilidade, deron orixe á celebración da eucaristía en sufraxio do defunto e os cantos de dó, que se substituíron por salmos, elemento fundamental das exequias cristiás. O ritual romano de 1614 organizaba os ritos funerarios en tres estacións (na casa do defunto, na igrexa e no cemiterio), ligadas a través de dúas procesións intermedias. A reforma do ano 1969 preveu, ademais, outros dous tipos de celebracións: ben na casa mortuoria ou ben no cemiterio.

Palabras veciñas

fúnebre | fuñeira | fuñeiro | funeral | funeraria | funerario -ria | Funes