Furada
Furada
[PUBLIC]
Revista anual da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) que naceu en 1987, a raíz do auxe que adquiriu en Galicia a exploración de covas. Dirixida por Enrique de Arce Temes, inclúe traballos que abranguen todas as temáticas do estudo e a exploración das covas, elaborados por espeleólogos galegos especialistas en campos tan diversos como a bioloxía, a arqueoloxía, a paleontoloxía, a xeoloxía, a mineraloxía, a hidroloxía, a topografía e a fotografía. Distribúese por sociedades espeleolóxicas de todo o mundo, polo que cada artigo está encabezado por un resumo do contido en galego, castelán, inglés, francés e alemán.