furano
furano
Nome científico:
[C<sub> 4</sub> H<sub> 4</sub> O]
s
m
[QUÍM]
Composto heterocíclico pentagonal osixenado de carácter aromático. É un líquido incoloro, insoluble en auga e soluble en alcohol, éter e outros disolventes orgánicos. Prepárase industrialmente por descarboxilación do ácido 2-furoico, que se obtén por oxidación do furfural. Reacciona por substitución electrófila máis facilmente ca o benceno. O furano pódese reducir cataliticamente e dá tetrahidrofurano (THF). Como o seu carácter aromático é moderado, pódese comportar como un dieno na reacción de Diels-Alder.