furfural

furfural
Nome científico: [2-furaldehído:C<sub> 5</sub> H<sub> 4</sub> O<sub> 2</sub> ]
s m [QUÍM]

Aldehido que deriva do furano. É un líquido incoloro pouco soluble en auga. Obtense por dixestión con ácido e destilación de residuos vexetais ricos en pentosas como os do millo ou do arroz. Emprégase como disolvente para pinturas e vernices e na fabricación de resinas sintéticas (resinas furánicas), desinfectantes e desodorizantes.