fusil

fusil

(

  1. s m [BÉL]

    Arma longa de fogo, portátil, que consiste nun canón metálico montado sobre unha culata e provisto de mecanismos de fogo e de puntería. Característica orixinalmente dos soldados de infantería, xeneralizouse en todos os corpos armados. Diferénciase da escopeta porque dispara unha bala en cada disparo en lugar dun chorro de perdigóns. Xurdiu cara a finais do s XVI, pero non se popularizou ata finais do s XVII. En 1807 o escocés Forsyth desenvolveu a chave de percusión, na que o martelo do mecanismo golpea un gran de fulminato de mercurio colocado na cazoleta e inflama a carga. En 1815 o inglés Egg perfeccionou o sistema colocando un fulminante ou pistón sobre unha cheminea e en 1826 o francés Delvigne conseguiu un sistema óptimo para estriar a ánima do canón en forma espiral. Os traballos do suízo Pauly (1808) e do prusiano Dreuse (1841) levaron ao fusil de retrocarga; outros modelos foron tamén fabricados polos estadounidenses Remington e Sharps. O cartucho co fulminante interno inventouno o francés Lefaucheux (1838). En 1850 o francés Flobert creou o cartucho de percusión anular e os ingleses Daw e Lancaster o de percusión central. Nos EE UU, H. Colt fabricou un modelo de fusil de repetición (1837), cun tambor de seis recambios e en 1860 Spencer creou un fusil que cargaba oito balas depositadas nun tubo no interior da culata; o mesmo ano H. Colt colocou o dispositivo de forma paralela debaixo do canón, con capacidade para doce balas. En 1866 Winchester perfeccionou este modelo. En Europa, o alemán Mauser creou o fusil de pasador (1867), perfeccionado polos ingleses Lee e Enfield en 1904, mecanismo que perdurou ata a Segunda Guerra Mundial.

  2. fusil submarino

    Fusil empregado para a pesca deportiva subacuática, que consta dun canón longo e un dispositivo para disparar.

Palabras veciñas

fusibilidade | fusible | fusiforme | fusil | fusilamento | fusilar | fusileiro -ra