fuso
(< lat fusu)
-
s
m
[TÉXT]
-
Barra pequena redonda de madeira que se vai adelgazando dende o medio ata os extremos cunha rosca na parte máis grosa e que serve, no fiado á man, impulsada cos dedos, para torcer o fío ou enrolalo a medida que se fía. Nas máquinas de fiado modernas o fuso ten a mesma finalidade, pero é de aceiro, está sostido por cilindros e o conxunto móntase en sistemas amortecedores das vibracións e compensadores de desequilibrio, co fin de permitir unhas velocidades de rotación máis altas.
-
Barra pequena xiratoria destinada a torcer ou enrolar un fío ou soster unha bobina ou un carrete que roda mentres se enrola o fío.
-
-
s
m
Peza fusiforme con rosca en espiral de madeira ou de ferro que serve de eixe en determinados aparatos como o muíño, a prensa ou o lagar.
-
-
s
m
[MAT]
Porción dunha superficie de revolución comprendida entre dous planos meridianos.
-
fuso cilíndrico
[MAT]
Porción de superficie cilíndrica comprendida entre dúas xeratrices.
-
fuso cónico
[MAT]
Porción de superficie cónica comprendida entre dúas xeratrices.
-
fuso esférico
[MAT]
Porción de superficie esférica comprendida entre dous semicírculos máximos.
-
fuso horario
[METROL]
Cada un dos vinte e catro fusos convencionais nos que se dividiu a Terra para a unificación da hora internacional. Cada fuso ten 15° de lonxitude, aínda que, na práctica, os fusos son de forma irregular para poder respectar as grandes divisións político-administrativas. Todos os puntos da superficie terrestre comprendidos dentro dun fuso réxense pola mesma hora. O meridiano de Greenwich pasa polo centro do fuso base, que se estende de 7°30’ ao L a 7°30’ ao O. Os fusos numéranse de 0 -tempo da Europa Central- a +12 en sentido L e a -11 en sentido O. Europa está dividida en tres fusos (-1, 0 e +1). O territorio de países pouco extensos pertencen en xeral a un só fuso, mentres que os estados ou países moi extensos comprenden diferentes fusos.
-
s
m
[MAT]
-
s
m
[HERÁLD]
Figura en forma de losanxe, pero máis estreita e longa ca esta.
-
fuso acromático/mitótico
[BIOL]
Estrutura citoplasmática formada por fibras finas de natureza proteica que se estenden entre dous citocentros e na que se insiren e orientan os centrómeros ou os cromosomas enteiros durante a mitose ou a meiose.
Frases feitas
-
Beber coma un fuso. Beber moito.
-
Dereito coma un fuso. Expresión que se usa para indicar que unha persoa obra de forma imparcial.
-
Teso coma un fuso. Expresión que se usa para indicar que unha persoa é moi orgullosa.