fuste
fuste
(
-
s
m
[BOT]
Parte do tronco dunha árbore que vai dende a raíz ata a ramificación da copa.
-
s
m
[ARQUIT]
Parte da columna situada entre a base e o capitel. Segundo as épocas e os estilos pode ser cuadrangular, helicoidal, liso, acanalado, almofadado e anelado, entre outros. Constitúe o pé dereito da columna. En principio era de madeira ou de pedra, e posteriormente pasaron a ser de ferro ou de cemento armado.
-
s
m
Barril grande de madeira para gardar o viño.
Sinónimos: fustalla. -
s
m
Cada un dos paos que se colocan no interior da colmea en forma de cruz para soster os favos.
-
s
m pl
Pinzas para extraer as castañas dos ourizos.
Confrontacións: petelo. -
s
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, e tamén dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde ás voces ‘árbore, pao, fungueiro’.
Sinónimos: fusto.