galga

galga
  1. s f

    Pedra de gran tamaño que baixa a rolos por unha pendente.

  2. s f
    1. Tronco de madeira que serve de freo para o carro.

    2. Freo supletorio que se engade ás rodas para frear máis forte. Vai colocado entre o botón e as curvas.

  3. s f

    Pao utilizado para asegurar a ancora cando hai mal tempo.

  4. s f

    Corte que se practica na sola do zapato para formar o tacón.

  5. [TECNOL]
    1. s f

      Prancha pequena de aceiro, ou bloque prismático de pequeno tamaño, empregada para calibrar ou regular a separación entre dúas pezas.

    2. galga de roscas

      Prancha de aceiro de bordo con rañuras segundo un paso de rosca determinado, que vai incorporada a un xogo de galgas para determinar o paso de rosca dun parafuso.

  6. teorías de galga [FÍS]

    Nome xenérico das teorías de campo baseadas na idea de que a esixencia dunha invariancia da dinámica baixo un determinado tipo de transformación dos campos de materia implica ter que considerar unha interacción que ha de comportarse dunha forma determinada. Teñen un papel considerable na física contemporánea, especialmente no electromagnetismo, na teoría da intersección electrofeble e na cromodinámica cuántica. Desenvolvéronse modelos teóricos para unificar as interaccións forte e electrofeble nunha única teoría de galga, coñecidas como teorías de grande unificación.

Palabras veciñas

Galeuzca | Galeuzca, Pacto de | Galez | galga | Galga, A | Galgao | 1 galgar