Galia

Galia

Nome das rexións que poboaban os galos e que se estendían desde o val do Po ata a Bélxica actual. Existían dúas rexións: a Galia Cisalpina, entre os Alpes e os Apeninos, que foi conquistada polos galos no s V a C e sometida polos romanos no s III a C, e a Galia Transalpina, entre o Atlántico, o Rin, os Alpes, o Mediterráneo e os Pireneos. Os romanos conquistaron a Galia Cisalpina entre a Primeira e a Segunda Guerra Púnica, pero posteriormente os galos subleváronse e apoiaron a Aníbal. Sometidos de novo no s II a C, Sila organizouna como provincia romana. A Galia Transalpina foi conquistada por Xulio César (58 a C-51 a C), que derrotou os príncipes Ariovisto, Casiveliano, Ambíorix e Vercinxetórix. Durante o Alto Imperio, a Galia Transalpina foi romanizada na súa totalidade e quedou dividida na Galia Narbonense, Galia Bélxica e a Aquitania, que estaban unidas por unha única capital, Lugdunun (Lyon). No Baixo Imperio denominouse Galia á zona que abarcaba Galia, Britania, Hispania e Mauritania Tingitana, a súa capital estivo primeiro en Tréveris e despois en Arles. No s IV produciuse a invasión dos xermanos, francos, burgundios e visigodos, o que provocou a súa división ata a posterior unificación territorial baixo o Imperio Carolinxio.