Galícia Esporte Clube
Galícia Esporte Clube
Club de fútbol fundado en Salvador de Baía (Brasil) o 1 de xaneiro de 1933. Leva como escudo a cruz de Santiago sobre a bandeira galega. Xoga os seus partidos no estadio Parque Santiago. Proclamouse en cinco ocasións campión do torneo estatal de Baía (1937, 1941, 1942, 1943 e 1968).