Galicia Internacional
Galicia Internacional
[PUBLIC]
Revista de información xeral editada en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1994. Cesou a súa edición en xullo de 1996 (nº 12). Dirixida por Olegario Sotelo Blanco e coordinada por Luís Álvarez Pousa, tentaba ser un instrumento de comunicación destinado aos centros galegos no exterior. Incluíu diversidade de reportaxes, entrevistas, temas culturais, crónicas e artigos de opinión. Nalgúns números inseriuse un relato breve de narradores galegos.