Galicia Moda
Galicia Moda
[PUBLIC]
Revista semestral editada en Vigo a partir de 1983. Cesou a súa edición posiblemente en decembro de 1991. Dirixida por Luís Carballo e pioneira no seu sector, tentaba converterse nun referente para publicitar a moda galega en toda España. Prestou unha atención especial aos desfiles que tiñan lugar en Galicia, especialmente á organización de Luada. Ademais incluíu información sobre a Pasarela Cibeles de Madrid e o Salón Gaudí de Barcelona, xunto con resumos das principais pasarelas internacionais. Dedicou outros apartados ao deseño, ás artes plásticas, á arquitectura e á literatura. No seu segundo número distribuíu un caderno titulado Galicia cultural, no que se facían referencias á novela e ao teatro galegos.