Galiciano, O

Galiciano, O
[PUBLIC]

Revista editada en Pontevedra a partir de 1884. Subtitulouse “Somanario gallego”. Dirixida inicialmente por Rufino Ribera Losada, e logo por Roxelio Lois Estévez, na súa elaboración colaboraron destacados xornalistas da época. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Millán, dos herdeiros de Madrigal e de Roxelio Quintáns. En 1884 organizou uns Xogos Florais e en xuño de 1886 un certame literario-musical co gallo das festas da Peregrina.