Gallego

Gallego
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que se estableceu en Ortigueira, estendido por toda a Península e América, descendente do conde Ramón Romaes, fillo do Rei Froila I. As súas armas traen, en campo de ouro, tres rochas ao natural sobre ondas de azul e prata, postas en faixa e sumada cada unha delas dun feixe de ortigas de sete follas, de sinople. A rama andaluza leva escudo partido: primeira partición, en campo de goles, cun castelo de ouro; segunda partición, en campo de prata, cun león de goles. Os de América ostentan escudo partido: primeira partición, cortado -a parte alta, de azul, cun crecente contornado de parta, superado de tres estrelas, do mesmo metal; a baixa, de prata, cunha pena, ao natural, e desprendéndose del unha aguia, de sable, retocada de ouro; segunda partición, en campo de goles, cun castelo, de ouro, aclarado de azul, sobre ondas de azul e prata, acompañado de dúas columnas, do mesmo metal, superadas de cadansúa aguia, de ouro.