gameto
gameto
(< grγαμετή ‘esposa’ ouγαμέτης ‘marido’)
s
m
[BIOL]
Célula reprodutora haploide que, na reprodución sexual, se fusiona con outra do sexo contrario para dar lugar ao cigoto, de xeito que se restaura o número diploide. Os gametos fórmanse por meiose. Morfoloxicamente poden ser iguais (isogametos) ou moi diferentes (heterogametos), como acontece en animais e plantas superiores, e tamén poden ser móbiles ou inmóbiles. Moitos organismos, como o ser humano, presentan unha heterogamia denominada “oogamia”, que se caracteriza polo feito de presentar un gameto inmóbil grande e rico en substancias de reserva (óvulo) e outro pequeno, flaxelado e móbil (espermatozoide).