ganda
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo ganda.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo ganda.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo africano que habita ao N do lago Vic22toria. Procedente de África central, estendeuse polo seu territorio actual cara ao s X e organizou un sistema de goberno centralizado e complexo, cunha estrutura administrativa e xudicial, ademais dun exército. Os colonizadores británicos empregáronos para dominar e administrar as rexións centrais e orientais de Uganda, a cambio dunha grande autonomía. Trala independencia de Uganda (1962) conservaron unha importante capacidade de manobra e, dende 1993, acadaron a autonomía para a súa rexión. A súa economía baséase na agricultura e conserva aínda unha organización social de base feudal. A pesar da introdución do Islam a comezos do s XIX e do Cristianismo a finais do s XIX, deuse un proceso de sincretismo coa súa relixión tradicional.
-
s
m
[LING]
Lingua da familia bantú do phylum níxer-congo que se fala en Uganda e Tanzania. Utiliza o alfabeto latino e a súa primeira gramática data de 1882. OBS: Tamén se denomina luganda.