Gándara
Gándara
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe oriúnda de Portugal que se estableceu en lugares como Allariz, Nogueiros (Ourense) ou Pontevedra. As súas armas traen, en campo de azul, un castelo de prata, sobre ondas de azul e prata, nas que nadan dous cisnes brancos, un a cada lado do castelo, enfrontados; á súa porta, unha ninfa de goles, cun escudo de prata embrazado e unha espada na man.