Gandhāra

Gandhāra

Antiga provincia da India, situada no NO. Formou parte do Imperio Persa (s VI a C) e foi ocupada por Alexandre o Grande. No s II a C foi dominada polos reis indogregos da Bactriana, ata que os Gupta a integraron de novo no Imperio Hindú. Durante moito tempo foi un dos centros budistas máis activos e nela naceu a corrente artística grecobúdica. No eido da escultura destaca o Buda de Gandhāra e no eido da arquitectura os stupa, nos que se empregaron as columnas xónicas e os capiteis corintios. Cómpre destacar o conxunto de Sirkap.