garamante
garamante
(< lat Garamantis)
-
adx
Relativo ou pertencente aos garamantes.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo garamante.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo nómade do interior de Libia que se desenvolveu arredor do 400 a C. Segundo as fontes históricas romanas a súa cabalería serviu no exército de Aníbal. No 19 a C foron derrotados polo procónsul romano Lucio Cornelio Balbo, que conquistou a súa capital, Garama, pero os enfrontamentos prolongáronse durante o s I. Introduciron o emprego do camelo e abriron unha ruta a través do Sáhara. O empeoramento climático na rexión ocasionou a súa decadencia e desaparición cara ao 600. Algúns investigadores identificáronos cos antepasados dos tuaregs.