garavanzo
garavanzo
-
s
m
[PLANTA]
Planta herbácea anual, pubescente, erecta, de 20 a 50 cm de altura, de follas estipuladas, imparipinnadas, cos folíolos ovais e fortemente serrados. As flores son azuladas, purpúreas ou brancas. Os froitos son legumes inchados que conteñen unha ou dúas sementes globosas, os garavanzos. Pouco esixentes en auga, o seu cultivo é apropiado en terreos áridos, especialmente nos pouco compactos. É orixinario da India e das costas do Mediterráneo.
-
s
m
[BOT]
Semente desa planta.
-
mosca do garavanzo
[ANIMAL/ENTOM]
Pequeno díptero (2 mm de lonxitude) moi semellante á mosca común, pero con reflexos verdosos nas ás, que ataca o garavanzo, e deposita a posta nas súas follas, nas que, ao nacer, as larvas, ápodas e amareladas, constrúen galerías.