Garita
Garita
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu nos arredores de Santiago de Compostela. As súas armas traen escudo cortado: primeiro, en campo de ouro, cun triángulo de goles, que ten como base a mesma do cuartel, cargado dun castelo, de ouro; segundo, en campo de ouro, con dez panelas de sinople, colocadas dúas no centro e catro en cada flanco.