garrote

garrote

(< fr garrot)

  1. [DER]
    1. s m

      Colar de ferro que se pode apertar a vontade por medio dun parafuso, empregado para executar os condenados á pena capital. A pena de morte por medio deste instrumento foi introducida polo Código Penal español en 1820, e aplicada por derradeira vez en 1974.

    2. dar garrote

      Aplicar a pena capital por medio do garrote.

  2. s m
    1. Pao curto que se utiliza para retorcer unha corda, cadea, correa ou calquera outra cousa, co fin de tensala.

      Ex: Co pano da cabeza e un garrote fixéronlle un torniquete para parar a hemorraxia.

    2. [MAR]

      Panca coa que se lle dá volta á trinca dun cabo.