gasificante
gasificante
(
s
m
[ALIM]
Nome xenérico para designar diferentes aditivos alimentarios que cando se mesturan cun determinado produto producen un desprendemento de dióxido de carbono ao quentarse ou ao entrar en contacto con auga, de maneira que contribúen a conferirlle ao conxunto unha textura adecuada. Os gasificantes empréganse en produtos de confeitería, repostería, panadería, galletas e masas fritas. Os que máis se empregan son os bicarbonatos (de amonio e de sodio), os carbonatos (de amonio, de calcio, de magnesio, de potasio e de sodio), o cloruro e o fosfato de amonio, o ortofosfato de potasio e de sodio, o polifosfato de sodio, o sulfato de amonio e tamén, directamente, o dióxido de carbono.