Gaspar

Gaspar
[ONOM]

Antropónimo masculino procedente do latín tardío Caspar/Gaspar ou Casparus/Gasparus, voz relacionada coa palabra aramea ghizbar ‘tesoureiro’ que ten a súa orixe no iraniano *gaz-bar ‘que leva o tesouro’, ‘administrador do tesouro’. Presenta a variante Gasparo. Con todo, hai investigadores que cren que se trata dunha forma sincopada do nome iraniano Gathaspar, que, á súa vez, procede dun antigo Gundophar/Windafarnah, correspondente ao adxectivo persa windahwarena ‘brillante’. A súa festividade celébrase o 6 de xaneiro.