gastar
(< lat vastāre‘devastar’)
-
v t
Minguar a cantidade dunha cousa, especialmente dos cartos.
Ex: Gastou os seus aforros en mercar o piso.
-
v t
Empregar algo, para funcionar, outra cousa total ou parcialmente.
Ex: Esa lavadora gasta moita cantidade de auga. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Teño un coche que gasta moito.
Sinónimos: consumir. -
v t
Deteriorar algo ou alguén unha cousa debido ao uso constante e repetido da mesma.
Ex: Gastou os zapatos de tanto pasear cos amigos. O vento gastou as inscricións da pedra.
Sinónimos: desgastar. -
v pron
Deteriorarse unha cousa debido ao uso constante e repetido da mesma.
Ex: De tanto cargar o coche gastáronselle as rodas moi rápido.
Frases feitas
-
Gastar palabras/a parola/moita parola. Falar en van.
-
Gastar a pólvora en salvas. Facer algo inutilmente.
Refráns
- Á bula e ao caseiro, o mellar difieiro.
- Cada un estrica a pema ata ande a saba chega.
- Cada un extende a pema como ten a coberteira.
- Manter unha casa non o sabe senón quen o pasa.
- Ninguén extenda a perna máis do que a saba dea.
- Non lle vai nada mal ao que as madeixas pode gastar.
- Ó cabo do ano máis come o enfermo ro sano.
- O diñeiro foxe coma a auga dun regueiro.
- O diñeiro que máis nos fai aledar é o que se sabe gañar e o que se sabe gastar.
- Onde se gaña, gástase e, onde se gasta, gáñase.
- Onde tiran e non se pon, logo se chega ao fondón.
- Quen gasta e mente, a bulsa llo sente.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gasto
gastas
gasta
gastamos
gastades
gastan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gastaba
gastabas
gastaba
gastabamos
gastabades
gastaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gastei
gastaches
gastou
gastamos
gastastes
gastaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gastara
gastaras
gastara
gastaramos
gastarades
gastaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gastarei
gastarás
gastará
gastaremos
gastaredes
gastarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gastaría
gastarías
gastaría
gastariamos
gastariades
gastarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gaste
gastes
gaste
gastemos
gastedes
gasten
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gastase
gastases
gastase
gastasemos
gastasedes
gastasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gastar
gastares
gastar
gastarmos
gastardes
gastaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
gasta
-
-
gastade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gastar
gastares
gastar
gastarmos
gastardes
gastaren
gastada
gastados
gastadas