gastrite

gastrite

(< gastr- + -ite)

s f [PAT]

Inflamación, aguda ou crónica, do estómago. A gastrite aguda pode non presentar síntomas ou ben anorexia, náuseas, vómitos e dor epigástrica. En determinados casos o vómito pode ser de sangue (hematemese), se se producen úlceras ou erosións. A gastrite corrosiva orixínase pola deglución de substancias altamente irritantes, coma a lixivia, que poden producir perforacións e necrose do estómago. A gastrite crónica pode ser superficial e acompañar a úlcera gástrica, ou ben profunda (gastrite crónica atrófica); a atrofia gástrica pode determinar unha falta de produción de HCl (aclorhídrica), anemia perniciosa (por falta de produción do factor intrínseco de Castle), e por favorecer a aparición de pólipos, úlceras e cáncer. A gastrite hipertrófica presenta unha hipertrofia da mucosa e das pilosidades que pode comportar a perda de proteínas.

Palabras veciñas

gastrectomía | gástrico -ca | gastrina | gastrite | gastro- | gastrocele | gastrocólico- ca