gastronomía
(< grγαστρονομία)
Arte de elaborar os alimentos e de apreciar a boa cociña e os bos viños e licores. A gastronomía tradicional galega conta cun gran número de preparacións culinarias. Entre elas destacan todos os pratos derivados do porco, como o cocido, a cacheira, os chourizos, o lacón con grelos, etc. Tamén é moi popular a empanada, que posúe moitas formas de elaboración. Os peixes e mariscos galegos, de sona mundial, admiten múltiples preparacións gastronómicas. Todos estes produtos, e outros máis, compleméntanse cunha gran variedade de viños, como o albariño, o ribeiro, o godello ou o amandi; e licores, como a augardente, o licor café ou o licor de guindas, que acompañan estes pratos. As sobremesas máis tradicionais da cociña galega son as filloas, as orellas ou o requeixo con mel.