gastrótrico -ca
gastrótrico -ca
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos gastrótricos.
-
s
m
[ANIMAL]
Metazoo do subtipo dos gastrótricos.
-
s
m
[ANIMAL]
Subtipo de metazoos triploblásticos acelomados. Inclúe formas microscópicas, de 0,1 a 1,5 mm de longo, de corpo en forma de cilindro que remata en dous extremos perfectamente diferenciados: o cefálico, separado do resto do corpo por unha estrangulación e provisto de boca, cilios e pelos sensoriais; e o caudal, con ano e dous apéndices terminais dixitados. A superficie do corpo está revestida dunha cutícula con espiñas, a miúdo curvadas, e con cilios na cara ventral. Viven en auga doce e salgada e nútrense de pequenos organismos e detritos.