GATT
GATT
Acordo xeral sobre aranceis aduaneiros e comercio. Tratado multilateral de comercio asinado en 1947 en Xenebra por 23 estados e vixente ata 1994. Consolidouse como un organismo económico internacional e intergobernamental que trataba de eliminar o proteccionismo aduaneiro e a discriminación comercial entre os estados signatarios. No ano 1995 foi substituído pola Organización Mundial de Comercio.