gaullismo
gaullismo
(< antropónimo C. de Gaulle)
s
m
[HIST/POLÍT]
Movemento político francés creado arredor da ideoloxía do xeneral Charles de Gaulle, baseada nunha política exterior patriótica e independente. Articulouse ao redor do Rassemblement du Peuple Français (RPF), creado por Ch. de Gaulle en 1947 como base electoral para acadar unha república presidencialista. En 1958 concretouse na Union pour la Nouvelle République (UNR), rebautizada en 1968 como Union des Democrates pour la V République (UDR), e relanzada por J. Chirac en 1976 como Rassemblement pour la République (RPR), que recuperou a presidencia para os gaullistas en 1995.