Gaveta
Gaveta
[PUBLIC]
Revista universitaria editada na Coruña a partir de maio de 1990. Contaba co apoio da comisión de cultura da facultade de Humanidades e do vicerrectorado de Extensión Universitaria. Colaboraron nela autores xa consagrados e outros novos. Incluíu crítica literaria, cinematográfica e musical, contos e, sobre todo, poesía; de feito, o seu segundo número foi un monográfico dedicado integramente á produción poética. En 1992 saíu coa cabeceira de Gaveta (Aba Eremo).