gavita
gavita
Nome científico:
[Haematopus ostralegus, Fam das hematopodidas]
s
f
[ANIMAL/ORNIT]
Ave limícola duns 40 cm de lonxitude, provista de peteiro longo e encarnado, e patas rosas. O dorso é negro e o ventre branco, a cabeza negra ata o peito, cunha franxa alar branca, cola e rabadilla brancas, co extremo da cola negro. Aliméntase nas pedras e na lama intermareal. Crían escasas parellas en illotes da costa de Lugo e S da provincia da Coruña. No inverno é máis abundante por toda a costa.