Gazeta de La Coruña

Gazeta de La Coruña
[PUBLIC]

Periódico editado na Coruña a partir do 22 de xuño de 1808. Cesou probablemente en xaneiro de 1809. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Francisco Cándido Pérez Prieto e saía todos os mércores e sábados. As súas primeiras informacións eran sempre do estranxeiro, moitas delas do Correo de Londres; logo engadíanse novas nacionais, do Reino de Galicia e locais. Nos seus artigos amosábase contrario á ocupación dos franceses. Posiblemente, dende o 29 de xaneiro, nove días despois da entrada das tropas francesas na cidade, ata xuño de 1809, fora a súa segunda época. Nesta etapa dirixiuna Manuel García Pardo e respondía ao interese dos invasores franceses por fundar periódicos en todas aquelas localidades que ocupaba. Desapareceu co abandono dos franceses de Galicia.

Palabras veciñas

gazafello | gazal | Gazankulu | Gazeta de La Coruña | Gazeta Marcial y Política de Santiago | Gaziantep | Gaziantep