gazpacho*

gazpacho*
s m [ALIM]

Preparación culinaria propia da cociña da metade S da Península Ibérica que se elabora cunha base de tomate, aceite, sal e allo batidos, á que se lle engade opcionalmente cogombro, pemento, anacos de pan reseso e cebola. Nalgunha zonas de Castela, Andalucía e Extremadura chegan a engadirlle carne de caza. Adoita consumirse frío.