geez

geez
s m [LING]

Lingua etíope que se falaba en Etiopia (e tamén en Eritrea) ata o s X e que se mantivo despois como unha lingua literaria e litúrxica. Ten un alfabeto e escritura propios, adoptados tamén polo amhárico. A literatura en geez é fundamentalmente relixiosa e tamén son numerosos os tratados haxiográficos.