Gelmírez

Gelmírez
[PUBLIC]

Revista literaria editada en Santiago de Compostela a partir de 1945. Subtitulada “Hojas de Otoño a Primavera”. Cesou a súa edición ao ano seguinte (nº 3). Dirixida por Enrique Vidal Abascal e Manuel Rabanal Álvarez, contou co apoio de numerosos profesores e alumnos do instituto compostelán Arzobispo Gelmírez. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Paredes. Incluíu diversas colaboracións gráficas e literarias, traducións e poesía, esta última cun tratamento especial.