Germinal
Germinal
[PUBLIC]
Quincenario de carácter anticlerical e de ideario socialista, aparecido en Viveiro o 15 de setembro de 1906. A publicación, que contou entre os seus colaboradores con Antón Vilar Ponte, xunto con outros correlixionarios da agrupación socialista viveirense, levaba impresa na cabeceira o lema de “Ni Dios ni Amo”, repartíase de balde e declaraba o seu compromiso a prol dos intereses obreiros. No ano aproximado de existencia do periódico, sufriu nalgunha ocasión a censura eclesiástica polo seu contido crítico coa relixión católica.