Gheb
Gheb
[MIT]
Na mitoloxía exipcia, Deus da Terra, fillo de Shu e Tefnut. Da súa unión con Nut naceron Osiris, Isis, Set e Neftis. Coñecido como o “príncipe dos deuses”, represéntase coa pel verde e escura, cores que simbolizan a terra do Nilo, coa súa vexetación e vida. O seu centro de culto foi Heliópolis, onde Nut produciu o “grande ovo” do que xurdiría o mundo.