Gilda

Gilda
[IMAX]

Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1946. Foi dirixida por Charles Vidor e interpretada por Rita Hayworth, Glenn Ford, George Macready, Steven Geray, Joseph Calleia e Joe Sawyer. A trama da película desenvólvese nos anos finais da Segunda Guerra Mundial, nun casino de variedades. Destacan as cancións que interpreta Rita Hayworth, e que a converteron nun dos mitos eróticos do s XX.