fatal
fatal
(< lat fatāle)
-
adx
Que está determinado polo fado ou o destino.
Ex: A morte é o destino fatal de todo ser vivo.
-
adx
-
Que é funesto ou de grandes consecuencias.
Ex: Aquel erro fatal provocou a morte de moitas persoas civís.
-
Que causa a morte.
Ex: Ás tres da tarde produciuse o fatal desenlace.
-
-
adx
Que é moi malo.
Ex: Como estudante é fatal.
-
adx
Que produce infelicidade ou desgracia.
Ex: Sufría un amor fatal por alguén que non a merecía.
-
adx
Que é inaprazable.
Ex: Cumpriuse o prazo fatal e tiveron que decidir se quedaban ou marchaban.
-
adv
Moi mal.
Ex: Non ten xeito, baila fatal.