Faustino, san

Faustino, san

(Brescia, Lombardia? - Brescia 15.2.122) Mártir, irmán de san Xovita. O bispo Apolonio converteuno ao cristianismo e ordenouno sacerdote. Detido polas autoridades romanas, morreu martirizado xunto co seu irmán. Na iconografía represéntanse xuntos, vestidos de segrar ou co grao da orde eclesiástica, e levan como atributos unha espada ou unha cruz. A súa festividade celébrase o 15 de febreiro.