Febe
Febe
[ASTRON]
Satélite de Saturno, o máis exterior, descuberto por W. H. Pickering o 16 de agosto de 1898. Ten un diámetro de aproximadamente 160 km e o raio orbital é de 12.950.000 km. O seu movemento é retrógrado, e ten un período de 550 días 6 horas. A súa magnitude visual máxima é 14,5 e a súa órbita presenta unha inclinación de 150° respecto á órbita de Saturno.