Fulano, Citano e Mengano
Fulano, Citano e Mengano
[ESPECT]
Compañía de teatro creada en Vigo por Manuel Botana, Xosé M. Conde e Manuel Pombal Pérez a principios da década de 1990. Instalados na comedia, presentan espectáculos cunha forte compoñente visual e xestual e baseados en pequenas escenas nas que analizan aspectos da realidade máis inmediata desde unha perspectiva crítica ou satírica. Entre eles cómpre citar Cheiro de estrelas.