fulero -ra

fulero -ra

(< xerm ful ‘falso’)

  1. adx

    Aplícase a algo que resulta ser falso ou de pouca calidade.

    Ex: Compraches unha camisa ben fulera.

  2. adx e s

    Aplícase á persoa que carece de formalidade.

    Ex: Es unha fulera, quedaches de vir e non apareceches.

    Sinónimos: informal.
  3. adx e s

    Aplícase á persoa que non se organiza ben no seu traballo.

    Ex: É unha persoa moi fulera, nunca atopa nada enriba da mesa.

  4. adx e s

    Aplícase á persoa que fai trampas.

    Ex: Non quero xogar con el porque é moi fulero.

Palabras veciñas

Fulda | fulé | fulereno | fulero -ra | fulfulde | fulgor | Fulgosio, Fernando Afonso