Galicia Deporte

Galicia Deporte
[PUBLIC]

Boletín editado en Pontevedra a partir de 1991. Subtitulouse “Pontevedra deportiva”. Incluíu, sobre todo, información relativa ao deporte pontevedrés, cunha especial atención ao equipo de balonmán S D Teucro e ao Pontevedra Club de Fútbol. Ademais, engadiu resultados e clasificacións deportivas das distintas competicións futbolísticas.